Categorías

Buscar
  • #EspecialidadMUE

Pregunta oral en Pleno del Parlamento de Galicia

Referencia 11/POP-003022 (10/08/2021)


Pregunta


XI Legislatura Galicia


BOPG. Parlamento de Galicia. Núm. 189 de 18/08/2021


Referencia (página 72140)


Amigo Díaz, María Encarnación y 6 más


A LA MESA DEL PARLAMENTO


Encarnación Amigo Díaz, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez, María Corina Porro Martínez, Miguel Tellado Filgueira, Alberto Pazos Couñago, Noelia Pérez López e Elena Suárez Sarmiento deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto nos artigos 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta Oral en Pleno.


O día 10 de decembro do ano 2020, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha iniciativa rexistrada conxuntamente polos tres grupos parlamentarios con representación nesta Cámara.


O acordo dicía o seguinte: “O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande do Goberno central a creación da nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias, con tramitación preferente e independente da que corresponda a un novo decreto de troncalidade”.


Con este acordo, o Parlamento sumábase a unha demanda con amplo respaldo entre os profesionais de Urxencias e Emerxencias e cun amplo respaldo da sociedade, que valora aínda máis o traballo deste persoal trala experiencia de afrontar a pandemia da covid-19.


Posteriormente, o 14 de marzo de 2021, a Comisión de Sanidade do Congreso dos Deputados aprobaba outra iniciativa, esta rexistrada polo Grupo Popular, co seguinte texto:

“El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a:


1. Crear la nueva especialidad de “Medicina de Urgencias y Emergencias” con tramitación preferente e independiente a la que corresponda a un nuevo decreto de troncalidad.


2. Llevar a cabo todas las acciones y medidas que sean necesarias, dentro del marco de sus competencias, para reiniciar de forma prioritaria los trabajos de la Comisión de Recursos Humanos del Consejo Interterritorial para el reconocimiento definitivo de la especialidad de Urgencias y Emergencias, como Título Oficial de Especialista en Ciencias de la Salud, mediante decreto específico, siguiendo el modelo ya establecido para la especialidad de Medicina Legal y Forense o el proyecto de real decreto que está en fase de tramitación de la especialidad médica de Psiquiatría Infantil y de la Adolescencia.


3. Desarrollar la especialidad de Enfermería de Urgencias y Emergencias siguiendo las recomendaciones de la 72.a Asamblea de la Organización Mundial de la Salud”.


Sorprendentemente, o Grupo Socialista do Congreso non apoiou esta iniciativa senón que decidiu absterse e nin sequera solicitar a votación separada por puntos, a pesares de que o punto primeiro coincidía de xeito literal co que votaran a favor e mesmo rexistraran no Parlamento galego. A emenda do Grupo Socialista, que non foi aceptada, modificaba a proposta dun xeito que tampouco respectaba o acordo acadado meses antes no Parlamento galego senón que presentaba o seguinte texto alternativo:


“El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a:


1. Acelerar los trabajos para culminar lo antes posible la entrada en vigor del Real Decreto que regule la formación transversal en las especialidades en Ciencias de la Salud, las áreas de capacitación específica y el procedimiento de creación de títulos de especialista en Ciencias de la Salud.


2. Conforme a dicho nuevo Real Decreto, iniciar de inmediato el proceso de regulación de la formación de Medicina de Urgencias y Emergencias, de modo que, si procede conforme a los criterios establecidos y tras la participación en el proceso de Comunidades Autónomas, colegios profesionales y sociedades médicas, se reconozca como especialidad”.


O Real Decreto ao que se refire a emenda do Grupo Socialista está efectivamente en trámite e foi sometido a exposición pública polo Ministerio de Sanidad durante o pasado abril. Porén, o Consello de Ministros do pasado 3 de agosto aprobou o Real Decreto 689/2021, de 3 de agosto, polo que se establece o título de médica/o especialista en Psiquiatría Infantil e da Adolescencia, creando esta especialidade sen agardar á entrada en vigor do Real Decreto regulador do procedemento de creación de títulos de especialista, algo que tamén podería ter feito coa especialidade de Medicina de Urxencia e Emerxencias.

Con estes antecedentes, parece difícil saber se o PSOE e o Goberno de España ao que sostén manteñen a mesma postura que expresaron en decembro de 2020 nesta Cámara.


Por todo o exposto, os deputados e deputadas asinantes formulan a seguinte Pregunta Oral en Pleno:


Que avances coñece a Xunta que teña efectuado o Goberno de España en relación ao cumprimento do acordo unánime do Parlamento de Galicia relativo á creación da nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias, con tramitación preferente e independente da que corresponda a un novo decreto de troncalidade?


Santiago de Compostela, 10 de agosto 2021.


Intervención en el Pleno del Parlamento de Galicia





13 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Tags